luns, 21 de decembro de 2020

TRABALLANDO A FIGURA DO APALPADOR.


O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria, no mes de decembro estiveron traballando nas súas aulas a figura do Apalpador e escribiron cartas para él. Aquí tendes unha mostra do realizado:


O alumnado de sexto de primaria tamén escribiu arredor da figura do Apalpador, velaquí unha mostra dos fermosos acrósticos e poemas que fixeron:

domingo, 20 de decembro de 2020

O APALPADOR.

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello (ou a de nadal). Baixa das devesas do Courel, entra pola noite nos cuartos das nenas e nenos e moi silenciosamente lles apalpa as súas barriguiñas por ver se están mantidos. Se están cheas dilles: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unha presa de castañas. Senón cala, pero tamén lles deixa as castañas.

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles esta canción:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña) 

marcha agora para a camiña 

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande

día do noso Señor.

Xa chegou o día grande

e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo

 

 

 

 
 

Se queredes saber máis velaquí tedes outros recursos:

http://oapalpador.eu/ligazons-sobre-oapalpador/ 

https://www.apalpador.gal/


martes, 8 de decembro de 2020

3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADES

No cole celebramos todos baixo un mesmo paraugas o día internacional das persoas con disCAPACIDADE. 

Abrimos o noso paraugas pola EQUIDADE e polo RESPECTO ÁS DIFERENZAS.

"Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres" (Rosa Luxemburgo).



MAGOSTO NA AULA DE SEGUNDO.









martes, 1 de decembro de 2020

REVISTA: O Faladoiro.