Amosando publicacións coa etiqueta Ricardo Carvalho Calero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ricardo Carvalho Calero. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020.

Picando na seguinte imaxe poderedes ver un vídeo elaborado por todo o alumnado e profesorado do noso colexio arredor da figura de Carvalho Calero.

https://drive.google.com/open?id=1L_f1KzS7K_5PQogAG5LRegpSV06-w7uj

Vaia se chegaron lemas, que marabilla!
Témolos escritos, en son e en cartel, non podemos estar máis orgullosos/as.
  • O galego é vida, se morre o galego morre a vida. (Sara 5º)
  • O galego vai morrer, sálvao. (Nerea Alonso 5º)
  • Move a lingua, fala galego. (Nerea Álvarez 5º)
  • Falemos como galegos/as , pensemos como galegos/as, bailemos como galegos/as. (Denis 5º)
  • Orgullo de lingua. (Noa B. 5º)
  • O galego é unha lingua que non se pode perder. (Carla C. 5º)
  • Son galega e sempre serei, nunca abandonarei. (Eva C. 5º)
  • Acaba o que eles/as empezaron. (Joel 5º)
  • Soña e vive en galego. (Noa C. 5º)
  • O idioma é a forza que nos sostén. (Rosalía 5º)
  • Falade galego, un mundo soñado e creativo. (Sabela Lago 5º)
  • Arriba galego! (Mateo 5º)
  • Ti que sempre queres máis, sete vogais hai. Fala galego! (Carla N. 5º)
  • Se a lingua morre a cultura tamén. (Eva P. 5º)
  • Non mires cara outro lado, o galego depende de nós. (Roi 5º)
  • O noso idioma require a nosa loita. (Leila 5º)
  • O galego está no teu corazón, non o deixes marchar. (Leyre 5º)
  • O galego é cultura, se se perde que tristura. (Candela 5º)
  • A nosa lingua é sagrada, non a deixes atrapada. (Aroha 5º)
  • Sen galego non hai mundo, non hai lingua e non hai falar. (Sandra 5º).
  • O galego é noso, ninguén nos pode quitar o galego. (Paula 5º)
  • Que bonita soa a túa voz en galego. (Nerea 4 anos)
  • Animádevos a falar galego para moitos contos en galego, contar e ler. (Loreto 2º)
  • O galego non se vende, deféndese. (Nayara 3º)
  • As festas en Galicia saben mellor se falas coma nós. (Julian 3º)
  • Cada meniño co seu amiguiño. (Iker 3 anos)
  • Todos os galegos falemos galego. (Anxo 2º)
  • A nosa lingua é un tesouro , coidémola! (Noa 4º)
  • O noso idioma está morrendo, hai que impedilo!  (Mara4º)
  • Galiza nosa terra, o galego noso lema . (Xabi Zarandón4º)
  • O mundo falará a nosa lingua.  (Xiana 4º)
  • Se non queres que esquezan , fala con grandeza. (Matías 4º)
  • Os galegos non se renden. Defendamos a nosa lingua. (Lucía4º)
  • Este é o país do galego, faládeo e non morrerá. (Breixo 4º)
  • Fala galego que somos galegos . (Samuel 4º)
  • Que bonito é falar galego.  (Xabi Alfonso 4º)
  • As follas caen cada ano, que non decaia o galego. (Anxo 4º)
  • Podes falar moitas linguas, pero non podes esquecer o galego. (Yovanna 4º)
  • Fala galego ata morrer para nolo perder. (Mateo 4º).
Velaquí podes escoitar os lemas en son.



Os carteis son impresionantes.








venres, 8 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Velaquí están as propostas para traballar ao redor do Día das Letras Galegas.
 


   Ao comezo deste curso estivemos traballando a figura de Carvalho Calero, o homenaxeado deste ano no día das Letras Galegas. Todos os nenos/as do Colexio Carballal participaron na creación destes carteis que respresentan a vida e a obra de Ricardo.

   As mestras e mestres do colexio tamén elaboramos esta guía didáctica, con actividades arredor da figura do devandito autor.

REVISTA: O Faladoiro.