mércores, 24 de marzo de 2021

MISIÓN IGUALDADE NA ESCOLA.

    A nosa misión púxose en marcha despois da lectura do Tema 2 "Tomo as miñas decisións" do libro de Valores Sociais e Cívicos, da editorial Netex da plataforma EDixgal. 

    Decatámonos de que nel só utilizan referentes masculinos e que non empregan unha linguaxe inclusiva. Por iso decidimos levar a cabo esta misión,  para intentar conseguir a igualdade nos libros de texto. 

    O primeiro que fixemos reflexionar sobre o tema do devandito libro, a nosa análise recóllese no seguinte documento.


    Despois pensamos que era preciso elaborar un documento de mulleres galegas que deberían aparecer nos libros de texto das/dos nenas e nenos das escolas de Galicia. Foi unha idea que se nos ocorreu despois de ver a iniciativa e o vídeo de #NoMoreMatildas.

    Fixemos un listado de referentes femininas galegas. Estamos intentando contactar con estas mulleres e entrevistalas para que nos axuden a reescribir os libros de texto. 

Podedes seguir os nosos chíos en  @o_faladoiro.  

Non esquezas facer rechouchío.

Xuntas conseguirémolo!

#nomorematildas

#igualdadenaescola

#onosotraballoconta

#referentesfemininas

#reescribindolibros

#onosograndearea

luns, 22 de marzo de 2021

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, nas nosas aulas investigamos sobre diferentes mulleres, que destacaron ou seguen destacando no seu traballo.

 Premendo nas diferentes imaxes podedes ver unha mostra do traballado:

O alumnado de 3º de Primaria,  traballou dende un documento, o motivo polo cal comezouse a conmemorar o Día Internacional da Muller, a evolución do papel da muller dende que se iniciou a loitar polos seus dereitos, e os dereitos que foron conseguíndose ao longo destes anos e en que aspectos hai que seguir traballando para dar importancia ao papel tan importante que  ten a muller na actualidade e na historia.




domingo, 14 de marzo de 2021

RETOS COMPARTIDOS.

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Chans Bembrive retounos a facer unha construción con aros.

Pasámolo xenial intentándoo e podemos dicir que... RETO CONSEGUIDO! 


Agora tócanos a nós! 

Velaí vai, o reto do abecedario galego. 

Seredes quen de facelo? Que colexio será máis rápido?

REVISTA: O Faladoiro.