martes, 29 de xuño de 2021

REVISTA ESCOLAR O FALADOIRO.

Que é iso que vén por aí?

Un avión, un paxaro de mal agoiro?

Non, é a revista escolar O Faladoiro!


xoves, 17 de xuño de 2021

Misión #igualdadenaescola AS DO PRESENTE.

 Velaquí están AS DO PRESENTE.

Elas, coma AS NOSAS, iluminan o noso día a día, regan a semente, coidan do xardín e seguen sementando para as demáis. 

No futuro das sementes que planten agromarán máis flores para o xardín da igualdade. 


martes, 15 de xuño de 2021

Misión #igualdadenaescola AS NOSAS.

Velaquí están AS NOSAS. 

Mulleres que iluminan o noso día a día, que regan a semente, que coidan do xardín... Son as máis importantes, son o noso espello, sen elas a vida sería moito máis complicada. 

Non son famosas pero son AS NOSAS, AS MELLORES.

Non saen nos xornais pero merecen todas as portadas.



luns, 14 de xuño de 2021

XV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL.

 

Dende o colexio queremos dar as grazas a todos/as os/as participantes no XV Certame Literario do Carballal.
Este aplauso é para vós. 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Velaquí van os/as gañadores/as, P A R A B É N S !

CATEGORÍA:  INFANTIL E 1º PRIMARIA.
POESÍA: Nerea Alonso.
CÓMIC: Lía Barazal Pérez.

CATEGORÍA: 2º E 3º DE PRIMARIA.
NARRATIVA: Loreto Alonso Martínez.
CÓMIC: Bella Rodríguez.

CATEGORÍA: 4º 5º 6º DE PRIMARIA.
POESÍA: Noa Crespo Sayar.
NARRATIVA: Carla Nogueira Fernández, Sandra Pérez Porro e Leila Simón Rodríguez.
CÓMIC: Carla Nogueira Fernández.

CATEGORÍA: FAMILIAS:
NARRATIVA: Familia Nogueira: Carla Nogueira e Oliva Nogueira.

CATEGORÍA:PAIS E NAIS.
POESÍA: Javier Fernández Pérez de Lis.
NARRATIVA: Manuel Alonso Romano.

REVISTA: O Faladoiro.