xoves, 10 de setembro de 2020

SON DA ALFABETIZACIÓN.

Esta canción forma parte do sexto traballo de Sés,  "Rabia ao silencio".

É a pista número 6 do disco, Son da alfabetización.

Letra e música: Carlos Puebla.

Tradución e adaptación: Mª Xosé Silvar (Sés).

mércores, 2 de setembro de 2020

A SETEMBREIRA

   

 
   Esta flor de talo longo e escuro e flor rosa ten un feixe de nomes, pero un deles é ben curioso, chámana "setembreira" porque florece no mes de setembro. Dise que é a última flor do verán e que anuncia a chegada do outono. A tradición di que é a portadora dos últimos días de vacacións.
 

sábado, 13 de xuño de 2020

XIV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL.

Dende o colexio queremos dar as grazas  a todos/as os/as participantes no XIV Certame Literario do Carballal.
Este aplauso é para vós. 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Velaquí van os gañadores/as, P A R A B É N S !

CATEGORÍA:  INFANTIL E 1º PRIMARIA.
POESÍA: Nerea Alonso Martínez.
NARRATIVA: Nicolás Coronel Álvarez.
CÓMIC: Lía Barazal Pérez.

CATEGORÍA: 2º E 3º DE PRIMARIA.
POESÍA: Iraides García Otero.
NARRATIVA: Mateo Barazal Pérez.
CÓMIC: Andrés Saborido Rodríguez.

CATEGORÍA: 4º 5º 6º DE PRIMARIA.
POESÍA: Noa Bastos Fernández.
NARRATIVA: Xiana Álvarez Strzemkowski e Aixa Soliño Rodríguez.
CÓMIC: María Alonso Sienes.

CATEGORÍA: FAMILIAS:
POESÍA: Familia Barazal Pérez e Familia Fernández Molares.
NARRATIVA: Familia Alonso Martínez.

CATEGORÍA:PAIS E NAIS.
NARRATIVA: Juanjo Bastos Lago.

luns, 1 de xuño de 2020

REMATOU O PRAZO!

Rematou o prazo para facer as entregas no Certame Literario.
Dende aquí queremos agradecer a vosa participación.
Agora só queda esperar ao fallo do concurso.
Moita sorte a todos/as!

martes, 19 de maio de 2020

Global muiñeira


Velaquí está o vídeo que o alumnado do CEIP Carballal- Cabral gravou co gallo do Días Das Letras Galegas 2020, unha mostra máis de que malia a distancia seguimos máis unidos ca nunca!!!. Agardamos que vos guste e moi bo traballo de Tod@s!!! 


domingo, 17 de maio de 2020

XIV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL.


Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía. 

Non esquezas poñer:
  • Nome, apelidos e curso.
  • Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
  • Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
É importante que:
  • Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
  • Corrixe as faltas de ortografía.
  • Non esquezas que é en GALEGO.
  • Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben.

REVISTA: O Faladoiro.