martes, 19 de maio de 2020

Global muiñeira


Velaquí está o vídeo que o alumnado do CEIP Carballal- Cabral gravou co gallo do Días Das Letras Galegas 2020, unha mostra máis de que malia a distancia seguimos máis unidos ca nunca!!!. Agardamos que vos guste e moi bo traballo de Tod@s!!! 


domingo, 17 de maio de 2020

XIV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL.


Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía. 

Non esquezas poñer:
  • Nome, apelidos e curso.
  • Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
  • Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
É importante que:
  • Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
  • Corrixe as faltas de ortografía.
  • Non esquezas que é en GALEGO.
  • Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

"... O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo..."
Manuel María. 
 
Uxía con Tanxugueiras e Faia cantan o poema de Manuel María, A fala. 




E coma este ano non podemos celebralo todos xuntos .... Temos unha sorpresa para todos vós esperamos que vos guste :



Tamén tedes aquí a música de "As pitas baixo a choiva" recollida do Proxecto educativo aspitas.gal.

Carvalho Calero era reintegracionista, pero que é iso?



 

sábado, 16 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020.

Picando na seguinte imaxe poderedes ver un vídeo elaborado por todo o alumnado e profesorado do noso colexio arredor da figura de Carvalho Calero.

https://drive.google.com/open?id=1L_f1KzS7K_5PQogAG5LRegpSV06-w7uj

Vaia se chegaron lemas, que marabilla!
Témolos escritos, en son e en cartel, non podemos estar máis orgullosos/as.
  • O galego é vida, se morre o galego morre a vida. (Sara 5º)
  • O galego vai morrer, sálvao. (Nerea Alonso 5º)
  • Move a lingua, fala galego. (Nerea Álvarez 5º)
  • Falemos como galegos/as , pensemos como galegos/as, bailemos como galegos/as. (Denis 5º)
  • Orgullo de lingua. (Noa B. 5º)
  • O galego é unha lingua que non se pode perder. (Carla C. 5º)
  • Son galega e sempre serei, nunca abandonarei. (Eva C. 5º)
  • Acaba o que eles/as empezaron. (Joel 5º)
  • Soña e vive en galego. (Noa C. 5º)
  • O idioma é a forza que nos sostén. (Rosalía 5º)
  • Falade galego, un mundo soñado e creativo. (Sabela Lago 5º)
  • Arriba galego! (Mateo 5º)
  • Ti que sempre queres máis, sete vogais hai. Fala galego! (Carla N. 5º)
  • Se a lingua morre a cultura tamén. (Eva P. 5º)
  • Non mires cara outro lado, o galego depende de nós. (Roi 5º)
  • O noso idioma require a nosa loita. (Leila 5º)
  • O galego está no teu corazón, non o deixes marchar. (Leyre 5º)
  • O galego é cultura, se se perde que tristura. (Candela 5º)
  • A nosa lingua é sagrada, non a deixes atrapada. (Aroha 5º)
  • Sen galego non hai mundo, non hai lingua e non hai falar. (Sandra 5º).
  • O galego é noso, ninguén nos pode quitar o galego. (Paula 5º)
  • Que bonita soa a túa voz en galego. (Nerea 4 anos)
  • Animádevos a falar galego para moitos contos en galego, contar e ler. (Loreto 2º)
  • O galego non se vende, deféndese. (Nayara 3º)
  • As festas en Galicia saben mellor se falas coma nós. (Julian 3º)
  • Cada meniño co seu amiguiño. (Iker 3 anos)
  • Todos os galegos falemos galego. (Anxo 2º)
  • A nosa lingua é un tesouro , coidémola! (Noa 4º)
  • O noso idioma está morrendo, hai que impedilo!  (Mara4º)
  • Galiza nosa terra, o galego noso lema . (Xabi Zarandón4º)
  • O mundo falará a nosa lingua.  (Xiana 4º)
  • Se non queres que esquezan , fala con grandeza. (Matías 4º)
  • Os galegos non se renden. Defendamos a nosa lingua. (Lucía4º)
  • Este é o país do galego, faládeo e non morrerá. (Breixo 4º)
  • Fala galego que somos galegos . (Samuel 4º)
  • Que bonito é falar galego.  (Xabi Alfonso 4º)
  • As follas caen cada ano, que non decaia o galego. (Anxo 4º)
  • Podes falar moitas linguas, pero non podes esquecer o galego. (Yovanna 4º)
  • Fala galego ata morrer para nolo perder. (Mateo 4º).
Velaquí podes escoitar os lemas en son.



Os carteis son impresionantes.








luns, 11 de maio de 2020

CAL É O SEU NOME?


Rapazas e rapaces, precisamos da vosa axuda.
Da vosa, e das vosas familias, sobre todo das avoas e dos avós, preguntádelle!
Recuperemos os nomes vernáculos das plantas!

Saberíades dicir o nome común destas plantas?





Escribe as túas respostas nos comentarios desta entrada.
Non esquezas poñer o teu nome e o curso (só nome, sen apelidos) e o número que lle corresponde a cada nome que adiviñes.
Cando nos volvamos ver terás unha chapa de agasallo agardándote. 
Se queres descargar as fotos faino aquí. 

venres, 8 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Velaquí están as propostas para traballar ao redor do Día das Letras Galegas.
 


   Ao comezo deste curso estivemos traballando a figura de Carvalho Calero, o homenaxeado deste ano no día das Letras Galegas. Todos os nenos/as do Colexio Carballal participaron na creación destes carteis que respresentan a vida e a obra de Ricardo.

   As mestras e mestres do colexio tamén elaboramos esta guía didáctica, con actividades arredor da figura do devandito autor.

mércores, 6 de maio de 2020

MUSEO VIVO DO CARBALLAL.

Se queres formar parte do MUSEO VIVO DO CARBALLAL, só tes que PARTICIPAR.
  • Escolle unha obra.
  • Investiga ao autor ou autora da obra elixida.
  • Elabora unha pequena biografía.
  • Conta a historia que agocha a obra elixida e conta o motivo polo cal a escolliches.  
Envía o teu traballo ao email edlgcarballalcabral@gmail.com e listo!

Lembra: o teu traballo ten que ser en LINGUA GALEGA.

A idea da actividade xurdiu do Museo vivo da semente. Aquí.

Noa Bastos.

Eva Coronel.
Anxo.


Carla Carrera.

Carla Nogueira.

Leyre.

Noa Crespo.
Rosalía.

Sabela Lago.


Denis.


Leila.
Ana.

Aixa.

Tania.


Nerea e Loreto.





Fabián.
O "Grito" è unha das obras máis representativas do movemento expresionista e un dos traballos máis famosos de Edvard Munch (1863 - 1944).
O obxectivo de Edvard Munch foi representar ó home moderno nunha situación de desesperación.

Xián.



Sandra.

martes, 5 de maio de 2020

VIVAN OS MAIOS!


Aquí vén o maio
de flores cuberto...,
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Curros Enríquez. 

Iker e Nayara.

Loreto e Nerea.

Roi e Leila.
Rosalía.

Uxía, Hugo e Sabela.
Sofía.

Héctor.

Iraides e Elora.
Lara Barciela.
Andrés.
 
Denis
Ánxela
Jorge.
Samuel e Marcos.
Familia Bouzón.
Nicolás.
Xiana.
Antía.
 Xián.
Aixa.
Fabián.
Dani e André.



domingo, 3 de maio de 2020

CELEBRAMOS OS MAIOS A DISTANCIA!



     O Consello da Cultura Galega celebra o Primeiro de Mario cunha versíon musical do poema de Curros Enríquez que conta coas interpretacións de Faia Díaz, Nastasia Zürcher, Brais Morán e Xiana Lastra, entre outras. (Recollido do xornal Nós diario)

REVISTA: O Faladoiro.