sábado, 16 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020.

Picando na seguinte imaxe poderedes ver un vídeo elaborado por todo o alumnado e profesorado do noso colexio arredor da figura de Carvalho Calero.

https://drive.google.com/open?id=1L_f1KzS7K_5PQogAG5LRegpSV06-w7uj

Vaia se chegaron lemas, que marabilla!
Témolos escritos, en son e en cartel, non podemos estar máis orgullosos/as.
  • O galego é vida, se morre o galego morre a vida. (Sara 5º)
  • O galego vai morrer, sálvao. (Nerea Alonso 5º)
  • Move a lingua, fala galego. (Nerea Álvarez 5º)
  • Falemos como galegos/as , pensemos como galegos/as, bailemos como galegos/as. (Denis 5º)
  • Orgullo de lingua. (Noa B. 5º)
  • O galego é unha lingua que non se pode perder. (Carla C. 5º)
  • Son galega e sempre serei, nunca abandonarei. (Eva C. 5º)
  • Acaba o que eles/as empezaron. (Joel 5º)
  • Soña e vive en galego. (Noa C. 5º)
  • O idioma é a forza que nos sostén. (Rosalía 5º)
  • Falade galego, un mundo soñado e creativo. (Sabela Lago 5º)
  • Arriba galego! (Mateo 5º)
  • Ti que sempre queres máis, sete vogais hai. Fala galego! (Carla N. 5º)
  • Se a lingua morre a cultura tamén. (Eva P. 5º)
  • Non mires cara outro lado, o galego depende de nós. (Roi 5º)
  • O noso idioma require a nosa loita. (Leila 5º)
  • O galego está no teu corazón, non o deixes marchar. (Leyre 5º)
  • O galego é cultura, se se perde que tristura. (Candela 5º)
  • A nosa lingua é sagrada, non a deixes atrapada. (Aroha 5º)
  • Sen galego non hai mundo, non hai lingua e non hai falar. (Sandra 5º).
  • O galego é noso, ninguén nos pode quitar o galego. (Paula 5º)
  • Que bonita soa a túa voz en galego. (Nerea 4 anos)
  • Animádevos a falar galego para moitos contos en galego, contar e ler. (Loreto 2º)
  • O galego non se vende, deféndese. (Nayara 3º)
  • As festas en Galicia saben mellor se falas coma nós. (Julian 3º)
  • Cada meniño co seu amiguiño. (Iker 3 anos)
  • Todos os galegos falemos galego. (Anxo 2º)
  • A nosa lingua é un tesouro , coidémola! (Noa 4º)
  • O noso idioma está morrendo, hai que impedilo!  (Mara4º)
  • Galiza nosa terra, o galego noso lema . (Xabi Zarandón4º)
  • O mundo falará a nosa lingua.  (Xiana 4º)
  • Se non queres que esquezan , fala con grandeza. (Matías 4º)
  • Os galegos non se renden. Defendamos a nosa lingua. (Lucía4º)
  • Este é o país do galego, faládeo e non morrerá. (Breixo 4º)
  • Fala galego que somos galegos . (Samuel 4º)
  • Que bonito é falar galego.  (Xabi Alfonso 4º)
  • As follas caen cada ano, que non decaia o galego. (Anxo 4º)
  • Podes falar moitas linguas, pero non podes esquecer o galego. (Yovanna 4º)
  • Fala galego ata morrer para nolo perder. (Mateo 4º).
Velaquí podes escoitar os lemas en son.



Os carteis son impresionantes.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA: O Faladoiro.