mércores, 21 de outubro de 2020

SAMAÍN

 Un ano máis chega o Samaín ao colexio Carballal.

Para os pobos celtas isto simbolizaba o principio do ano céltico, a fin do verán e o comezo do inverno.  

É unha data moi importante e, como todos os anos, ímola celebrar.

Para elo necesitamos a vosa axuda, xa que, este ano NON se poden traer as cabazas decoradas ao colexio. Pedímosvos que nos enviedes unha foto da vosa cabaza decorada baixo a temática da natureza ao seguinte enderezo electrónico:

edlgcarballalcabral@gmail.com

Con todas as fotos que enviedes elaboraremos un vídeo co que gozaremos todos/as xuntos/as das vosas creacións o venres 30 de outubro. Para que nos de tempo de preparar o vídeo a data límite de entrega será o martes 27 ás 9:00 horas. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA: O Faladoiro.