O pasado 2 de febreiro celebramos o Día da Candeloria no centro.
"Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral". (Texto recollido da web O portal das palabras)
"A partir da candeloria, ningunha ave voa soa" igual que cando atopas unha/un amiga/o que sabes que te vai acompañar toda a vida. Esas amizades coas que xa nunca voarás soa/só. O alumnado de sexto de primaria escribiu cartas para esas amizades tan especiais. Botádelle un ollo porque non teñen desperdicio, estas rapazas/es son unhas/uns artístas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario