xoves, 8 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola MERCEDES PEÓN.

 


MERCEDES PEÓN.

Chámase Mercedes Peón Mosteiro.

Naceu na provincia de Coruña en 1967.

É unha das cantantes máis importantes de Galicia.

Durante a súa adolescencia levou a cabo un estudo polas aldeas de Galicia.

Aos 13 anos oíu algunhas mulleres cantando na Costa da Morte. O tocar de pandeiro e o cantar o ribeirana foron as detonantes para escoller as cancións, danzas, historias e experiencias dos seus contemporáneos.

Transmite todo este coñecemento a través da docencia nas escolas municipais, na Televisión de Galicia e nas Universidades da Sorbona, Oporto, Gales...

Gañou premios como:

Premio Nacional a Cultura da Xunta de Galicia.

Artista do ano para Folkword.

Candidata a artista do ano para BBC Radio 3.

Artista Top 10 na Revista Songlines.

 

 NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA: O Faladoiro.