luns, 5 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola MIRIAM PENA.

    

MIRIAM PENA 

Miriam Pena Villanueva naceu en Bueu.

Estudou Enxeñaría en informática na Universidade da Coruña.

Traballa como consultora especializada en Erlang, é unha especialista nesa linguaxe, tamén é a organizadora do Meetup Erlang & Elixir en San Francisco e forma parte do comité organizador das conferencias Code Beam SF e Code Beam Stockholm. É fundadora e membro do consello de administración de The Erlang Ecosystem Foundation

 En 2017 foi destacada como unha das enxeñeiras máis inspiradoras para seguir no 2018. Tamén foi galardoada co premio Ada Byron polo Colexio de Enxeñaría de Galicia

Viviu en Exipto, España, Estados Unidos de América Suecia e Irlanda.


NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA: O Faladoiro.