PAULA CARBALLEIRA
Paula Carballeira naceu en Maniños, Fene (A Coruña) en 1972.
É licenciada en Filoloxía Hispánica.
Dedícase a narración oral e a escribir contos para nenos/as.
Impartiu cursos para fomentar a lectura, contacontos, interpretación teatral, formación do profesorado e foi oradora nas Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil. Ademais de escribir libros de Literatura Infantil e Xuvenil tamén escribiu numerosas obras de teatro.
Actuou en varias cadeas de televisión galegas como contacontos, presentadora, actriz. É membro do consello de redacción da revista Tantágora (dedicada a narración oral) dende xaneiro de 2005 e do grupo de teatro Berrobambám, con quen coordinou o programa infantil estable “Asteroide B-612”.
Na actualidade é unha das contacontos mais coñecidas de Galicia.
Con “Boas Noites” (Ed. Xerais) no 2007 gaña o I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.
NOTA:
As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a
edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario