domingo, 4 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola ANA PELETEIRO.


ANA PELETEIRO

Ana Peleteiro naceu en Ribeira, A Coruña o 2 de decembro de 1995.

Estuda Ciencias da Actividade Física e o Deporte na Universidade Politécnica de Madrid. 

A súa profesión é o atletismo.

De pequena Ana Peleteiro comezou practicando ballet. Tempo despois, cando decidiu que iso non era o seu, probou o atletismo. Gustoulle. Comezou a ir a campionatos nos que case sempre gañaba.

A súa especialidade é o triplo salto. 

Conseguiu a medalla Castelao e o premio Princesa de Asturias e foi a mellor atleta española júnior dos anos 2011, 2012, 2013.

Catro veces Campioa de España absoluta ao aire libre  (2015, 2017, 2018 e 2019).

Seis veces Campioa de España absoluta en pista cuberta (2014, 2016, 2017, 2018, 2020, 2021).

Campioa (1º posto)  no Campionato Europeo celebrado de Glasgow, Reino Unido en 2019.

Subcampioa (2º posto) no Campionato Europeo celebrado en en Torún, Polonia en 2021.


NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA: O Faladoiro.