domingo, 4 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola YOLANDA DÍAZ.


  
  YOLANDA DÍAZ

Chámase Yolanda Díaz Pérez.

Naceu o 6 de maio de 1971 en Fene, A Coruña.

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

É unha política moi importante xa que é a vicepresidenta terceira de España e a ministra de traballo.

Foi a a coordinadora nacional de Esquerda Unida desde  2005 e 2017, tamén exerceu como deputada pola Coruña no Parlamento de Galicia (2012 – 2016) e deputada nas Cortes Xerais durante as XI, XII e XIII lexislaturas (2016 – 2019). Yolanda tamén traballou como autónoma no seu propio despacho de avogadas/os entre 1998 e 2012.

NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA: O Faladoiro.