domingo, 4 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola CARME NOGUEIRA.

CARME NOGUEIRA ALONSO.

Naceu en Vigo o 17-12-1970.

Licenciouse en Belas Artes o 1993 en Salamanca pero o último ano estudou en Berlín. Obtivo un doutorado de Belas artes no ano 2001 en Valencia e leu a súa tese na Universidade de Vigo.

Traballa como artista e como profesora no Instituto Castelao.

Ten un premio extraordinario de doutorado e conseguiu unha beca da fundación Marcelino Botín en 2010.

Traballou dende 2009 ata 2015 nun proxecto chamado “Contedor de feminismos” onde recompilou historias de mulleres en Galicia e despois fixo que ditas historias foran todo o recoñecidas que merecen. Sempre traballou desde el punto de vista feminista. Mentres facía un proxecto o 2010 en Chile sufriu un terremoto.


ENTREVISTAMOS A CARME NOGUEIRA.

1. Que opinas sobre a nosa campaña "Igualdade na escola"?

    Que é unha campaña moi importante. Por unha parte, é xenial investigar, buscar referentes. Cada un de vos escolleredes o ámbito que máis vos guste, así que será moi rico. Ademais é moi necesario ter referentes femininos, que sempre houbo mulleres valiosas, pero moitas veces silenciadas.

2. Cando eras pequena nos teus libros había referentes femininas?

    Non demasiados. Pero o que si é verdade é que cada vez que coñecía a historia dunha muller interesante e valiosa me producía moita curiosidade e quería saber máis. Por exemplo Maruja Mallo ou as mulleres surrealistas, como Meret Oppenheim.

3. Que che parece que non haxa referentes femininos nos libros de texto? Como te sentes ao saber que nos libros de texto actuais non hai referentes femininas ou os que hai son escasos?

    Pois que parece mentira que se cambiara tan pouco neste campo. Pero tamén entendo que os saberes mudan moi pouco a pouco e que é importante compartir os coñecementos, é unha tarefa colectiva. Vos estades a axudar co voso traballo!

4. Gustaríache aparecer como referente feminina nos nosos libros da escola?

    Dáme un pouco de pudor, pero é un orgullo!!!

5. Foi sinxelo chegar ata onde estás agora mesmo?

    Non! E ademais nunca se chega, hai que estar sempre traballando, non pensar que xa está todo feito. Por sorte, desfruto moito co meu traballo.

6. Tiveches dificultades no teu oficio por ser Muller?

    Si creo que é máis difícil ter visibilidade como muller artista. Non é algo directo, senón que existen uns mecanismos de prestixio que ofrecen máis crédito os homes, pero creo que isto está cambiando pouco a pouco. Se miras os números xerais, as mulleres son maioría nas escolas de arte e minoría nos museos ou nas feiras de arte. Isto ten que ser por algo, e non é polo talento, iso podo aseguralo.

7. Crees que afecta ao alumnado o feito de non ter referentes femininas nos libros de texto? Cales pensas que serán as consecuencias?

    Algo tan básico como que se non te podes imaxinar facendo algo, non o vas facer. Se non te imaxinas que podes ser enxeñeira, non vas a intentalo. E as veces non o imaxinas porque non o ves. Ou porque a sociedade te mostra outros referentes.

8. Pensas que hai igualdade na nosa sociedade?

    Penso que hai moita máis igualdade que fai uns anos, pero espero que haxa máis. Que podades crecer sen limitacións. Por desgracia, se miramos todo o globo terráqueo, hai máis países nos que as mulleres están discriminadas que países nos que se traballa pola igualdade. Os dereitos custan moito conquistalos, pero moi pouco perdelos.



NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA: O Faladoiro.