Era un martes e coma sempre Lili saia a pasear pola beirarrúa. Cando, de súpeto, notou algo na cabeza.
- Ai! Que será iso que teño na cabeza?
- Son eu!- dixo unha voz.
- Quen es ti?
- Son Lulu, a pulga.
- Que fas na miña cachola? Non podías elixir outra?
- Non.
- Por que?
- Porque estou moi cómoda aquí.
- Veña! Podes quedar uns días.
- Grazas.
E así foi, Lulu quedou para sempre na cabeza de Lili e, co paso dos anos, fixéronse moi amigas.
"Lili e Lulu"
Xiana Castro, 5º.
Ningún comentario:
Publicar un comentario