mércores, 9 de febreiro de 2022

MICRORRELATOS

     Dona Marisa tiña un gato, un día viu que tiña unha pulga e mentres foi a polo champú...

- Que fas aquí no meu pelo?

- Pois nada, esperando a ver se me levas a miña casa.

- Onde está a túa casa?

- Está no salón.

- Ah! Xa te levo. Tes fillos/as?

- Si, teño.

- Xa chegamos, podes abandonar o meu pelo?

- Por suposto, xa marcho.

- Misifú! Onde estás?

- Shh! Ti non me viches.

Dona Marisa, o gato e a pulga.

Andrés Saborido, 5º. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

REVISTA: O Faladoiro.