luns, 26 de xuño de 2023
mércores, 7 de xuño de 2023
MONUMENTOS GALEGOS.
Mateo, Gonzalo e Xiana lévannos de viaxe polos monumento máis característicos de Galicia.
A continuación podedes acceder á presentación e ao vídeo que elaboraron.
martes, 23 de maio de 2023
VIAXE POLAS COSTAS GALEGAS.
Nos seguintes enlaces atoparedes o podcast e o vídeo realizado por Álex e Daniela de sexto onde narran a súa fesmosa viaxe polas costas galegas.
![]() |
| Podcast. |
![]() |
| Vídeo. |
venres, 19 de maio de 2023
xoves, 11 de maio de 2023
mércores, 10 de maio de 2023
FAROS GALEGOS.
No seguinte enlace atoparedes a información que recolleron Celia, Iraides e Mario sobre os Faros Galegos.
Cales son os máis importantes? Algúns deles teñen lendas? Premede no enlace para saber máis.
mércores, 3 de maio de 2023
GASTRONOMÍA GALEGA.
Nos seguintes enlaces atoparedes o anuncio radiofónico que fixeron Nayara e Andrés así como, unha escolma das receitas máis saborosas da gastronomía galega.
xoves, 27 de abril de 2023
mércores, 5 de abril de 2023
CAMIÑANDO XUNTOS/AS CARA AO INSTITUTO.
Despois de compartir os vídeos de presentación cos outros centros que comparten o mesmo instituto que o noso alumnado, organizamos unha xuntanza con xogos encamiñados a que se coñeceran máis e fixemos un roteiro pola contorna do CEIP Chans-Bembrive.
mércores, 22 de marzo de 2023
SON ASÍ.
Elaboramos un vídeo para presentarnos aos compañeiros/as de sexto de primaria dos outros colexios da zona que van a ir ao IES Carlos Casares coma nós.
mércores, 8 de marzo de 2023
venres, 3 de marzo de 2023
ENTROIDO.
Este ano fomos de ENTROIDOS GALEGOS.
A decoración do colexio e os disfraces versaron arredor deste tema.
Asemade tamén realizamos un obradoito de máscaras de Entroido.
xoves, 16 de febreiro de 2023
xoves, 26 de maio de 2022
mércores, 9 de febreiro de 2022
MICRORRELATOS
Dona Marisa tiña un gato, un día viu que tiña unha pulga e mentres foi a polo champú...
- Que fas aquí no meu pelo?
- Pois nada, esperando a ver se me levas a miña casa.
- Onde está a túa casa?
- Está no salón.
- Ah! Xa te levo. Tes fillos/as?
- Si, teño.
- Xa chegamos, podes abandonar o meu pelo?
- Por suposto, xa marcho.
- Misifú! Onde estás?
- Shh! Ti non me viches.
Dona Marisa, o gato e a pulga.
Andrés Saborido, 5º.
MICRORRELATOS.
Era un martes e coma sempre Lili saia a pasear pola beirarrúa. Cando, de súpeto, notou algo na cabeza.
- Ai! Que será iso que teño na cabeza?
- Son eu!- dixo unha voz.
- Quen es ti?
- Son Lulu, a pulga.
- Que fas na miña cachola? Non podías elixir outra?
- Non.
- Por que?
- Porque estou moi cómoda aquí.
- Veña! Podes quedar uns días.
- Grazas.
E así foi, Lulu quedou para sempre na cabeza de Lili e, co paso dos anos, fixéronse moi amigas.
"Lili e Lulu"
Xiana Castro, 5º.
mércores, 20 de outubro de 2021
martes, 29 de xuño de 2021
REVISTA ESCOLAR O FALADOIRO.
Que é iso que vén por aí?
Un avión, un paxaro de mal agoiro?
Non, é a revista escolar O Faladoiro!
xoves, 17 de xuño de 2021
Misión #igualdadenaescola AS DO PRESENTE.
Velaquí están AS DO PRESENTE.
Elas, coma AS NOSAS, iluminan o noso día a día, regan a semente, coidan do xardín e seguen sementando para as demáis.
No futuro das sementes que planten agromarán máis flores para o xardín da igualdade.
martes, 15 de xuño de 2021
Misión #igualdadenaescola AS NOSAS.
Velaquí están AS NOSAS.
Mulleres que iluminan o noso día a día, que regan a semente, que coidan do xardín... Son as máis importantes, son o noso espello, sen elas a vida sería moito máis complicada.
Non son famosas pero son AS NOSAS, AS MELLORES.
Non saen nos xornais pero merecen todas as portadas.
-
Rapazas e rapaces, precisamos da vosa axuda. Da vosa, e das vosas familias, sobre todo das avoas e dos avós, preguntádelle! Recuperemos...
-
Mateo, Gonzalo e Xiana lévannos de viaxe polos monumento máis característicos de Galicia. A continuación podedes acceder á presentación e a...



















.jpg)


.jpg)


