Elaboramos un vídeo para presentarnos aos compañeiros/as de sexto de primaria dos outros colexios da zona que van a ir ao IES Carlos Casares coma nós.
mércores, 22 de marzo de 2023
mércores, 8 de marzo de 2023
venres, 3 de marzo de 2023
ENTROIDO.
Este ano fomos de ENTROIDOS GALEGOS.
A decoración do colexio e os disfraces versaron arredor deste tema.
Asemade tamén realizamos un obradoito de máscaras de Entroido.
xoves, 16 de febreiro de 2023
xoves, 26 de maio de 2022
mércores, 9 de febreiro de 2022
MICRORRELATOS
Dona Marisa tiña un gato, un día viu que tiña unha pulga e mentres foi a polo champú...
- Que fas aquí no meu pelo?
- Pois nada, esperando a ver se me levas a miña casa.
- Onde está a túa casa?
- Está no salón.
- Ah! Xa te levo. Tes fillos/as?
- Si, teño.
- Xa chegamos, podes abandonar o meu pelo?
- Por suposto, xa marcho.
- Misifú! Onde estás?
- Shh! Ti non me viches.
Dona Marisa, o gato e a pulga.
Andrés Saborido, 5º.
MICRORRELATOS.
Era un martes e coma sempre Lili saia a pasear pola beirarrúa. Cando, de súpeto, notou algo na cabeza.
- Ai! Que será iso que teño na cabeza?
- Son eu!- dixo unha voz.
- Quen es ti?
- Son Lulu, a pulga.
- Que fas na miña cachola? Non podías elixir outra?
- Non.
- Por que?
- Porque estou moi cómoda aquí.
- Veña! Podes quedar uns días.
- Grazas.
E así foi, Lulu quedou para sempre na cabeza de Lili e, co paso dos anos, fixéronse moi amigas.
"Lili e Lulu"
Xiana Castro, 5º.
-
Rapazas e rapaces, precisamos da vosa axuda. Da vosa, e das vosas familias, sobre todo das avoas e dos avós, preguntádelle! Recuperemos...
-
Mateo, Gonzalo e Xiana lévannos de viaxe polos monumento máis característicos de Galicia. A continuación podedes acceder á presentación e a...



.jpg)


.jpg)


