xoves, 15 de abril de 2021

RETOS COMPARTIDOS.

A principios de marzo retounos o CEIP Chans Bembrive, aquí

Pasámolo xenial facendo o reto e tocounos retar a nós, aquí

Velaquí estamos facendo o noso propio reto, non nos saiu alá moi ben.


Agora é o turno do CEIP Santa Mariña, cal será a súa proposta? Aquí.
 

Uff! A ver se o conseguimos.

Misión #igualdadenaescola INMACULADA PAZ ANDRADE.


INMACULADA PAZ ANDRADE.

Inmaculada Paz Andrade naceu en Pontevedra o 14 de novembro de 1928.

Posúe un doutorado en Física (1963). Estudou investigación na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén ten un certificado de estudo na Universidade de Marsella.

É científica, investigadora e física.

Conseguiu a medalla Castelao, a medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física, premio de Galicia de Investigación Antonio Casares e Rodrigo, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, premio “María Josefa Wonenburguer Planells”.

Colaborou en moitas investigacións, pero en varios momentos formulouse a idea de abandonar o seu oficio, xa que ser muller e competir na universidade era moi duro.

 

NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 

Misión #igualdadenaescola PAULA CARBALLEIRA.

 


PAULA CARBALLEIRA

Paula Carballeira naceu en Maniños, Fene (A Coruña) en 1972.

É licenciada en Filoloxía Hispánica.

Dedícase a narración oral e a escribir contos para nenos/as.

Impartiu cursos para fomentar a lectura, contacontos, interpretación teatral, formación do profesorado e foi oradora nas Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil. Ademais de escribir libros de Literatura Infantil e Xuvenil tamén escribiu numerosas obras de teatro.

Actuou en varias cadeas de televisión galegas como contacontos, presentadora, actriz. É membro do consello de redacción da revista Tantágora (dedicada a narración oral) dende xaneiro de 2005 e do grupo de teatro Berrobambám, con quen coordinou o programa infantil estable “Asteroide B-612”.

Na actualidade é unha das contacontos mais coñecidas de Galicia.

Con “Boas Noites” (Ed. Xerais) no 2007 gaña o I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.

 

NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.

Misión #igualdadenaescola DESIRÉE VILA.

 

DESIRÉE VILA.

Naceu en Gondomar o 15 de xuño en 1998 (23 anos).

Estuda relaciones internacionais na universidade Rey Juan Carlos en Madrid.

Perdeu a perna adestrando ximnasia acrobática no “Club Flic Flac” de Vigo no pavillón das Travesas, o que non a freou para converterse en atleta.

Quedou subcampioa de Galicia no pavillón dos Remedios en Ourense. En 2014, volveu a ser campioa de Galicia no Complexo Deportivo Oira de Ourense e participou no campionato do mundo en París.

Gañou diferentes premios:

  • O premio Gala do Deporte, en Vigo (2016).

  • O premio Gala do Deporte, en Gondomar (2016).

  • Gañou o premio loitador do Colexio Oficial de Fisioterapeutas en Galicia (2019).

  • Gañou o premio EDP Rock´n´Roll Madrid Maratón & ½ (2019).

     

    NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.

venres, 9 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola SUSANA RODRÍGUEZ GACIO.


SUSANA RODRÍGUEZ GACIO.

Naceu o 4 de marzo de 1988 en Vigo.

Estudou medicina e fisioterapia.

É doutora e participa en tríatlons paralímpicos.

É campiona mundial de triatlón paralimpico.

No campionato do mundo de tríatlon en 2013 celebrado en Londres obtivo a medalla de prata. No de 2014 e 2015 obtivo medalla de bronce.

Obtivo a súa licencia de medicina no ano 2015.

En 2018 gañou a medalla de ouro no mundial “ Gold Coast” (Australia).

É candidata ás eleccións do Consello de Deportistas do Comité Paralímpico Internacional. 

 

NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.

Misión #igualdadenaescola CRISTINA PATO.

 


CRISTINA PATO

Naceu o 17 de agosto de 1980 en Ourense.

Estudou un doutorado na Mason Groiss School of Arts.

Foi a primeira muller galega en gravar un disco en solitario.

Con apenas 6 anos ingresou na banda de gaitas de Ourense.

Sacou o seu primeiro disco con 18 anos de idade. E o segundo aos 20 anos de idade.

Cristina posúe un Doutorado en Artes Musicais pola Rutgers University (EUA), os títulos superiores de Piano.

En 2017 fixo historia ao recibir un Grammy xunto a banda Silk Road Ensemble.

En 2019 ocupou a cátedra Xoán Carlos I de Cultura e Civilización Española.

No ano 2020 Cristina gañou o XVII Premio Afundación de Periodismo “Fernández del Riego” polo seu artigo “Realidades Paralelas” publicado na Voz de Galicia.

 

NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.


xoves, 8 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola MERCEDES PEÓN.

 


MERCEDES PEÓN.

Chámase Mercedes Peón Mosteiro.

Naceu na provincia de Coruña en 1967.

É unha das cantantes máis importantes de Galicia.

Durante a súa adolescencia levou a cabo un estudo polas aldeas de Galicia.

Aos 13 anos oíu algunhas mulleres cantando na Costa da Morte. O tocar de pandeiro e o cantar o ribeirana foron as detonantes para escoller as cancións, danzas, historias e experiencias dos seus contemporáneos.

Transmite todo este coñecemento a través da docencia nas escolas municipais, na Televisión de Galicia e nas Universidades da Sorbona, Oporto, Gales...

Gañou premios como:

Premio Nacional a Cultura da Xunta de Galicia.

Artista do ano para Folkword.

Candidata a artista do ano para BBC Radio 3.

Artista Top 10 na Revista Songlines.

 

 NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.



A INCRÍBEL VIAXE DE NOA.

 Na clase de sexto rematamos de ler A INCRÍBEL VIAXE DE NOA do autor Fernando Cimadevila.

   Se queres saber a nosa opinión sobre este libro, no seguinte documento atoparás a seguinte información:

  • Recoméndoche este libro porque...
  • O que máis me gustou foi cando...
  • O que menos me gustou foi cando...
  • Cando rematei de ler o libro sentín...
  • A personaxe de Noa pareceume...
  • A idea principal do libro é ... creo que é importante porque...

   Tamén fixemos ilustracións dos personaxes e das escenas do libro.

   Por último se queres saber máis do autor velaquí tes a súa biografía en diferentes formatos, só tes que premer no enlace. 

Rap biografía. Aquí.

Chismes de famosos. Aquí.  

Podcast Fernando Cimadevila. Aquí.

Concurso Cimadevila. Aquí.

Videoclip Fernando Cimadevila. Aquí.

Biografía poética. Aquí.

Biografía. Aquí.


 

luns, 5 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola MIRIAM PENA.

    

MIRIAM PENA 

Miriam Pena Villanueva naceu en Bueu.

Estudou Enxeñaría en informática na Universidade da Coruña.

Traballa como consultora especializada en Erlang, é unha especialista nesa linguaxe, tamén é a organizadora do Meetup Erlang & Elixir en San Francisco e forma parte do comité organizador das conferencias Code Beam SF e Code Beam Stockholm. É fundadora e membro do consello de administración de The Erlang Ecosystem Foundation

 En 2017 foi destacada como unha das enxeñeiras máis inspiradoras para seguir no 2018. Tamén foi galardoada co premio Ada Byron polo Colexio de Enxeñaría de Galicia

Viviu en Exipto, España, Estados Unidos de América Suecia e Irlanda.


NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.

Misión #igualdadenaescola XOANA.


 XOANA VEIGA MARTÍNEZ

Naceu en Porriño de 1998.

Actualmente fai o grao de Tradución e Interpretación e en paralelo estudos musicais. 

É cantante.

Sacou o seu primeiro disco en 2019 chamado “ Dardos”. Un traballo discográfico no que busca traballar a prol da lingua galega, pero tamén sobre temas reivindicativos como a violencia de xénero, ou as persoas que teñen que marchar en busca dun fogar.

NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas.

 

domingo, 4 de abril de 2021

Misión #igualdadenaescola YOLANDA DÍAZ.


  
  YOLANDA DÍAZ

Chámase Yolanda Díaz Pérez.

Naceu o 6 de maio de 1971 en Fene, A Coruña.

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

É unha política moi importante xa que é a vicepresidenta terceira de España e a ministra de traballo.

Foi a a coordinadora nacional de Esquerda Unida desde  2005 e 2017, tamén exerceu como deputada pola Coruña no Parlamento de Galicia (2012 – 2016) e deputada nas Cortes Xerais durante as XI, XII e XIII lexislaturas (2016 – 2019). Yolanda tamén traballou como autónoma no seu propio despacho de avogadas/os entre 1998 e 2012.

NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 


Misión #igualdadenaescola ANA PELETEIRO.


ANA PELETEIRO

Ana Peleteiro naceu en Ribeira, A Coruña o 2 de decembro de 1995.

Estuda Ciencias da Actividade Física e o Deporte na Universidade Politécnica de Madrid. 

A súa profesión é o atletismo.

De pequena Ana Peleteiro comezou practicando ballet. Tempo despois, cando decidiu que iso non era o seu, probou o atletismo. Gustoulle. Comezou a ir a campionatos nos que case sempre gañaba.

A súa especialidade é o triplo salto. 

Conseguiu a medalla Castelao e o premio Princesa de Asturias e foi a mellor atleta española júnior dos anos 2011, 2012, 2013.

Catro veces Campioa de España absoluta ao aire libre  (2015, 2017, 2018 e 2019).

Seis veces Campioa de España absoluta en pista cuberta (2014, 2016, 2017, 2018, 2020, 2021).

Campioa (1º posto)  no Campionato Europeo celebrado de Glasgow, Reino Unido en 2019.

Subcampioa (2º posto) no Campionato Europeo celebrado en en Torún, Polonia en 2021.


NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 



Misión #igualdadenaescola ANA PONTÓN.

     

  ANA PONTÓN 

Chámase Ana Belén Pontón Mondelo.

Naceu o 27 de xullo de 1977 en Sarria, Lugo.

Estudou  Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1994.

Adícase a Política. É a representante do BNG (Bloque Nacionalista Galego) no Parlamento de Galicia, é  a portavoz do BNG a nivel nacional.

Foi candidata á Presidencia nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. A inicios de 2020 foi elixida como candidata á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións de xullo do mesmo ano, converteuse na líder da oposición no Parlamento de Galicia, facendo conseguir ao seu partido o máximo rancking histórico de 19 deputados/as no parlamento de Galicia superando ao PSdG converténdose na principal forza opositora ao partido de Núñez Feijóo o Partido Popular (PP.)


NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 


Misión #igualdadenaescola ABI CASTILLO.

 

ABI CASTILLO

Alba Castillo naceu en Vigo de 1987.

Estudou Belas Artes na facultade de Pontevedra.

Titulouse en cerámica artística pola EMAO.

É ilustradora e ceramista.

Actualmente traballa como artista freelance. 

O seu traballo caracterízase pola presenza constante da figura feminina e a natureza e está  influenciado polo folclore galego e a tradición cunha mirada actual e renovada onde a cor ten un papel moi importante.

En 2019 colabora con a marca Zara do grupo Inditex no proxecto “ Women in Art 2019” con gran proxección mundial.


NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 

Misión #igualdadenaescola CARME NOGUEIRA.

CARME NOGUEIRA ALONSO.

Naceu en Vigo o 17-12-1970.

Licenciouse en Belas Artes o 1993 en Salamanca pero o último ano estudou en Berlín. Obtivo un doutorado de Belas artes no ano 2001 en Valencia e leu a súa tese na Universidade de Vigo.

Traballa como artista e como profesora no Instituto Castelao.

Ten un premio extraordinario de doutorado e conseguiu unha beca da fundación Marcelino Botín en 2010.

Traballou dende 2009 ata 2015 nun proxecto chamado “Contedor de feminismos” onde recompilou historias de mulleres en Galicia e despois fixo que ditas historias foran todo o recoñecidas que merecen. Sempre traballou desde el punto de vista feminista. Mentres facía un proxecto o 2010 en Chile sufriu un terremoto.


ENTREVISTAMOS A CARME NOGUEIRA.

1. Que opinas sobre a nosa campaña "Igualdade na escola"?

    Que é unha campaña moi importante. Por unha parte, é xenial investigar, buscar referentes. Cada un de vos escolleredes o ámbito que máis vos guste, así que será moi rico. Ademais é moi necesario ter referentes femininos, que sempre houbo mulleres valiosas, pero moitas veces silenciadas.

2. Cando eras pequena nos teus libros había referentes femininas?

    Non demasiados. Pero o que si é verdade é que cada vez que coñecía a historia dunha muller interesante e valiosa me producía moita curiosidade e quería saber máis. Por exemplo Maruja Mallo ou as mulleres surrealistas, como Meret Oppenheim.

3. Que che parece que non haxa referentes femininos nos libros de texto? Como te sentes ao saber que nos libros de texto actuais non hai referentes femininas ou os que hai son escasos?

    Pois que parece mentira que se cambiara tan pouco neste campo. Pero tamén entendo que os saberes mudan moi pouco a pouco e que é importante compartir os coñecementos, é unha tarefa colectiva. Vos estades a axudar co voso traballo!

4. Gustaríache aparecer como referente feminina nos nosos libros da escola?

    Dáme un pouco de pudor, pero é un orgullo!!!

5. Foi sinxelo chegar ata onde estás agora mesmo?

    Non! E ademais nunca se chega, hai que estar sempre traballando, non pensar que xa está todo feito. Por sorte, desfruto moito co meu traballo.

6. Tiveches dificultades no teu oficio por ser Muller?

    Si creo que é máis difícil ter visibilidade como muller artista. Non é algo directo, senón que existen uns mecanismos de prestixio que ofrecen máis crédito os homes, pero creo que isto está cambiando pouco a pouco. Se miras os números xerais, as mulleres son maioría nas escolas de arte e minoría nos museos ou nas feiras de arte. Isto ten que ser por algo, e non é polo talento, iso podo aseguralo.

7. Crees que afecta ao alumnado o feito de non ter referentes femininas nos libros de texto? Cales pensas que serán as consecuencias?

    Algo tan básico como que se non te podes imaxinar facendo algo, non o vas facer. Se non te imaxinas que podes ser enxeñeira, non vas a intentalo. E as veces non o imaxinas porque non o ves. Ou porque a sociedade te mostra outros referentes.

8. Pensas que hai igualdade na nosa sociedade?

    Penso que hai moita máis igualdade que fai uns anos, pero espero que haxa máis. Que podades crecer sen limitacións. Por desgracia, se miramos todo o globo terráqueo, hai máis países nos que as mulleres están discriminadas que países nos que se traballa pola igualdade. Os dereitos custan moito conquistalos, pero moi pouco perdelos.



NOTA: As imaxes empregadas só teñen fins educativos, podes escribirnos a edlgcarballalcabral@gmail.com e se é necesario eliminámolas. 



REVISTA: O Faladoiro.